A Ribeira do Tambre en castellano A Ribeira do Tambre in english Entorno

A casa está situada nunha zona bañada polo río Tambre, próxima á praia fluvial de Tapia e á aldea de Ponte Maceira, magnífico conxunto monumental no que destaca a grande ponte medieval, construída no século XIII aproveitando os pilares de unha romana situada anteriormente alí.

Non moi lonxe de alí, atopamos as Torres de Altamira, residencia do Conde de Altamira, unha das máis senlleiras casas nobles de Galicia, con gran poder dentro da estructura de la Catedral de Santiago durante a Idade Media. Na actualidade, do antigo castelo, construido sobre un castro, só quedan as ruinas con unha magnífica vista sobre o Val.

A zona de Amaía destaca tamén polas súas augas medicinais, xa coñecidas polos romanos, e que no Século XIX atraían aos membros da burguesía da zona de Santiago, construíndo magníficas casas ás que ian a descansar.

     1/17   
www.aribeiradotambre.es